bel canto*

bel canto*
  1. s m [MÚS]

    Forma de canto propio, principalmente, da ópera italiana do s XVII e que subsistíu ata ben entrado o s XIX. Denomínase tamén belcantismo. Caracterízase pola claridade na emisión do son, pola arte de soster unha nota e pola perfecta vocalización. O bel canto vai unido á escola napolitana de ópera, que valorou especialmente as peculiaridades da voz humana no sentido da virtuosidade. Un dos seus máximos expoñentes foi o compositor Nicolò Picinni, e unha das máis famosas intérpretes durante o s XIX, Giuditta Pasta. Rossini fixou a virtuosidade vogal na partitura, limitando os abusos dos intérpretes; o resultado foi o último esplendor do bel canto: Bellini e Donizetti empregaron a voz ata ao límite das súas posibilidades. O bel canto empezou a declinar coas novas tendencias impostas polo recitativo melódico wagneriano.

  2. s m

    Arte do canto baseado no virtuosismo de execución das técnicas vocais e musicais.

Palabras veciñas

Bektaşi | bel | Bel | bel canto* | Bel Ortega, Fernando | bel paese* | Bela