Belchite
Belchite
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, drenado polo río Aguas Vivas, afluente do Ebro (1.628 h [1996]). É o centro comarcal da Tierra de Belchite. A súa economía baséase na agricultura de secaño, fundamentalmente no cultivo de cereais e oliveiras. A vila correspóndese coa antiga Belia Ibérica. As dominacións romana e musulmá deixaron a súa pegada no lugar. Afonso I de Aragón o Batallador conquistouna en 1116, outorgándolle foro nese mesmo ano. Durante a Guerra Civil tivo alí lugar a sonada Batalla de Belchite.