Belén
Cidade da Palestina, na Cisxordania ocupada por Israel, a 8 km ao S de Xerusalén (24.112 h [1964]). Incorporada dende 1967 ao estado de Israel, a maioría da poboación é de confesión cristiá. Pertencente á tribo de Xudá foi, segundo o Libro de Samuel, a vila natal do Rei David (1025? a C). Os evanxeos de Mateo, Lucas e Xoán desígnana como o lugar onde naceu Xesús. O Emperador romano Constantino I fixo construír alí a Basílica da Natividade, edificada no século IV e vixiada por franciscanos galegos, armenios e gregos. Foi conquistada no ano 1099 por Godofredo de Bouillon durante a Primeira Cruzada e reconquistada polos musulmáns no 1187. Trala Primeira Guerra Mundial formou parte do Mandato británico de Palestina. No 1967 foi ocupada polo exército do Estado de Israel. Segundo os acordos de 1993-1998 procedeuse á retirada das tropas israelís da cidade.