Belesar, Encoro de

Belesar, Encoro de

Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Miño, situado entre os concellos de Taboada, Chantada e O Saviñao. O encoro, que ten unha capacidade de 654,5 hm3 e abrangue unha superficie de 2.000 ha, aproveita o encaixe do Miño na superficie de aplanamento de Chantada ao longo duns 50 km. A presa de Belesar, construída por FENOSA entre as parroquias de Rebordaos (O Saviñao) e San Fiz de Asma (Chantada), emprégase para a explotación dunha central hidroeléctrica que entrou en servizo en 1963. Ten unha altitude de 129 m.