beleza
(
-
s
f
Propiedade que teñen os seres ou as cousas belas.
Ex: Todos eles teñen unha gran beleza.
Sinónimos: fermosura. Antónimos: fealdade. Confrontacións: beldade. -
s
f
Persoa ou cousa caracterizada por ser moi bela.
Ex: A túa filla é unha beleza. Este xardín é unha beleza.
Confrontacións: beldade. -
s
f
[FILOS]
Conxunto de grazas ou calidades que, manifestadas sensiblemente, espertan un deleite espiritual, un sentimento de admiración. O concepto de beleza ten, desde un punto de vista filosófico, unha orixe bipolar, manifestación da transcendencia ou resultado da praxe que coincide, sen embargo, co obxecto producido. O concepto de transcendente é aplicado aos obxectos naturais e, por analoxía, ás accións morais. Platón que consideraba que a beleza era algo unívoco en relación co ser como a verdade ou a bondade, xa que ten unha vertente sensible, outórgalle aspectos materiais formais: liña, punto, medida, simetría, cor pura e harmonía (na música). Aristóteles desenvolveu na Poética os aspectos materiais e formais da beleza. Os artistas do Renacemento elaboraron a beleza como a praxe, desde o estudo das proporcións das diferentes partes dun todo (obxecto), ata considerala só o obxecto que alcanza tal concepto no consenso social. No s XVIII, coa noción de gusto e a consideración do obxecto estético como producible e non como a encarnación transcendente, presentouse o problema de se os xuízos de beleza eran subxectivos ou obxectivos. Kant aliñouse no primeiro criterio e Hegel mantivo o segundo aspecto definindo a beleza como a aparición sensible da idea. No s XX certos filósofos consideraron a beleza desde o punto de vista axiolóxico, como valor, mentres que outros a viron como un concepto sen sentido e a consideraron como unha produción literaria ou plástica en tanto que reflectía a actitude do artista diante da sociedade.
-
s
f
[FÍS]
Número cuántico característico do quark b (bottom ou beauty) e dos hadróns que o conteñen. É un dos sabores dos quarks.
-
instituto/salón de beleza
Establecemento no que se reciben diferentes coidados físicos.
-
produtos de beleza
Conxunto de produtos que teñen como función o coidado da beleza física.
Refráns
- A bonitura acábase na sepultura.