Belgaum
Belgaum
Cidade do estado de Karnataka, na India, na cadea dos Ghats Occidentais (325.639 h [1991]). Coñécese tamén co nome de Belagām. É un centro comercial e industrial onde se producen tecidos de algodón, cerámica, xabrón e ferramentas metálicas.