belixerancia

belixerancia

(< belixerante)

  1. s f

    Calidade de belixerante.

    Ex: A belixerancia entre os dous contendentes facía imposible a sinatura da paz.

  2. s f [DER]

    Situación do estado que participa nunha guerra. Implica a obriga de respectar as normas do dereito internacional.

  3. Aplícase ao estado que participa nun conflito bélico e que está obrigado a respectar na súa actuación as normas internacionais sobre a guerra.

Confrontacións

combatente, contendente

Citas

  • Ningún dos países belixerantes quere asinar un armisticio neste momento.

Frases feitas

  • (Non) conceder ou dar belixerancia a alguén. Darlle (ou non) a alguén suficiente importancia como para disputar con el. Ex: Non lles deas belixerancia aos teus irmáns, non o din por mal.

Palabras veciñas

belita | belitroque | Belitung | belixerancia | belixerancia | belixerante | Belize