Bello, Andrés

Bello, Andrés

Humanista e político latinoamericano. Estudiou e traduciu os clásicos gregos e latinos, ademais de investigar sobre o teatro clásico español. Ao iniciarse o movemento de independencia (1810), foi nomeado secretario da misión diplomática, presidida por Simón Bolívar, acreditada diante do goberno inglés. Entre 1826 e 1827 publicou Alocución a la poesía e Silva a la agricultura de la zona tórrida, primeiro manifesto literario a prol da emancipación das letras do continente americano de fala española. En Santiago de Chile, onde residiu desde 1829, realizou un continuo traballo de polígrafo e foi o orientador das repúblicas hispánicas independentes. Foi nomeado membro honorario da Real Academia Española. Colaborou nas revistas Repertorio Americano e Biblioteca Americana, ademais de dirixir o Araucano, diario oficial de Chile. Do conxunto dos seus escritos cómpre destacar a Gramática de la lengua castellana (1847) e o Código Civil de Chile (1855).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Caracas

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Chile