Bellvís

Bellvís

Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, na comarca de Urgell (2.161 h [1996]). Comprende o curso baixo do río Corb, afluente do Segre. O regadío, que utiliza diversas canles, ocupa a maior parte do termo, dedicado ao cultivo de cereais, forraxe e árbores froiteiras. Tamén é importante a gandería, principalmente a bovina, especializado na produción leiteira. Logo de ser conquistada aos musulmáns, a vila pasou a pertencer ao condado de Urgell. Á saída do pobo, no camiño de Balaguer, está o santuario e antigo convento trinitario de Les Sogues.