Belmez
Belmez
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, no alto do val do Guadiaro, afluente do Guadalquivir (4.115 h [1996]). Situado na vertente meridional de Sierra Morena, é moi accidentado. A súa economía baséase na explotación dos recursos agropecuarios. O seu subsolo posúe unha gran riqueza mineral, de feito hai minas de cobre, carbón e ferro. No termo atópanse as ruínas dun antigo castelo musulmán.