Belo Horizonte

Belo Horizonte

Capital do estado de Minas Gerais, Brasil (2.091.371 h [1996]). Está situada nos contrafortes da serra de Moeda. Foi fundada por decreto gobernamental en 1890, feito que constituíu un dos primeiros precedentes nas políticas oficiais brasileiras para colonizar e artellar o interior do país e proceder dese xeito a unha explotación máis intensa dos seus recursos naturais, particularmente os mineiros e forestais. Deste xeito, Belo Horizonte converteuse nun núcleo industrial, favorecido pola proximidade das minas de uranio e ferro, e polas boas comunicacións. Tamén é centro comercial e administrativo, ao asumir os servicios propios da capitalidade.