Beloi
Beloi
Río afluente do Ouro pola dereita. Nace a 640 m de altitude na serra da Toxiza, na parroquia do Pereiro, concello de Alfoz. O seu curso adopta unha dirección SO-NL, drenando a parroquia do Pereiro ata a súa desembocadura na parroquia de Lagoa, no mesmo concello de Alfoz.