Beltenebros

Beltenebros
[IMAX]

Produción española realizada por Pilar Miró en 1991, baseada na novela homónima de Antonio Muñoz Molina. Foi protagonizada por Terence Stamp, Patsy Kensit, José Luis Gómez, Geraldine James e Simón Andreu, entre outros. A acción, que transcorre nun amplo flash-back, conta a historia do capitán Darman que recibe o encargo de matar a un traidor da organización comunista en España, Roldán Andrade. Alí, en Madrid, coñecerá á bela Rebeca Osorio, á que lle pedirá que lle busque o seu obxectivo e coa que escapará despois de matar a Roldán Andrade e o comisario de policía Ugarte, outro traidor do Partido Comunista.