belvedere*

belvedere*
s m [ARTE]

Quinta ou pazo rural que domina un panorama. O máis sonado foi o que fixo construír o Papa Inocencio VIII no Vaticano, enriba do patio chamado do Belvedere, segundo os planos de Bramante, ao comezo do s XVI. Este patio contén catro gabinetes onde hai diversas esculturas entre as que destaca o Torso Belvedere. En Viena existe outro pazo construído por Johann Lukas von Hildebrant para o príncipe Uxío de Savoia e que constitúe a mellor mostra do barroco austríaco. Consta de dous patios unidos por xardíns dende onde se domina a cidade.

Palabras veciñas

Belushi, Jim | Beluso | Beluso | belvedere* | Belvedere, Torso do | Belvís | Belvís de la Jara