Belvís de la Jara

Belvís de la Jara

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado na comarca de La Jara, bañado polo Tajo á altura do encoro de Azután (1.808 h [1996]). Situado ao pé das estribacións setentrionais dos Montes de Toledo, a paisaxe está cuberta cunha vexetación rala. A gandería ovina é a principal actividade económica.