bemol
bemol
(
-
s
m
[MÚS]
Signo (b) que indica que a nota ou as notas afectadas teñen que soar un semitón máis baixo ca no estado natural. Pode estar na armadura ou ben no curso dunha pasaxe. As notas afectadas polo dobre bemol (bb) teñen que soar dous semitóns máis baixos.
Confrontacións: díese. -
adx
[MÚS]
Nota afectada polo signo bemol que soa un semitón máis baixo ca no estado natural.
Confrontacións: díese.
Frases feitas
-
Ter (tres) bemois. Ser algunha cousa moi difícil.