Ben Barka, Mehdi
Ben Barka, Mehdi
Profesor de Matemáticas e político marroquí. Iniciou a súa andaina política no movemento nacionalista Istiqlal e, trala independencia de Marrocos (1954), presidiu a Asemblea Consultiva. En 1959 dirixiu unha escisión, organizada co nome de Union Nationale de Fources Populaires (UNFP), que polarizou toda a oposición esquerdista ao réxime. En 1963, a raíz da represión contra a UNFP por parte do goberno de Rabat, exiliouse e organizou actividades revolucionarias a escala internacional. Interveu na preparación da conferencia tricontinental que había ter lugar en La Habana no 1966. O seu secuestro e posterior desaparición en 1965, organizados polas autoridades marroquís, foron motivo de gran tensión entre os gobernos de Francia e de Marrocos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Rabat -
Deceso
Lugar : París