Ben Bella, Ahmed
Político alxeriano. Membro do exercito francés durante a Segunda Guerra Mundial, participou na campaña de Italia en 1943. En 1945 volveu a Alxeria onde fundou, dentro do movemento nacionalista, a organización armada OAS. En 1950 foi detido e encarcerado, e en 1952 fuxiu ao Cairo, onde organizou a Front de Libération Nationale (FLN), fundada despois da insurreción do 1954. Foi detido e encarcerado novamente polas autoridades francesas entre 1956 e 1962, cando se asinou o Acordo de Évian. En 1962, trala independencia de Alxeria, converteuse no seu primeiro xefe de goberno. Posteriormente, en 1963, foi elixido Presidente da República de Alxeria e, en 1964, secretario xeral da FLN. Orientou a súa política cara á instauración dun socialismo adaptado ás peculiaridades nacionais; así, durante o seu mandato nacionalizou a maioría dos latifundios co obxecto de realizar unha profunda reforma agraria. Non obstante , o seu goberno foi bastante autoritario e personalista, feito que provocou o golpe de estado do coronel Hourai Boumendienne en 1965. Foi derrocado e encarcerado ata o 1981, ano no que foi expulsado a Francia, desde onde organizou o Mouvement pour la Démocratie de l’Algerie (MDA). En 1990 puido volver a Alxeria, onde se aliñou coa oposición islámica.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Maghnia, Orán