Ben Djedid, Chadli
Ben Djedid, Chadli
Político e militar alxeriano. En 1955 ingresou nas guerrillas antifrancesas. Entre 1963 e 1979 foi xefe da segunda rexión militar da Alxeria independente e, en 1965, membro do Consello Revolucionario. No ano 1979 foi elixido secretario xeral da Front de Libération Nationale (FLN), Presidente da República, comandante en xefe das forzas armadas e ministro de Defensa. Durante o seu goberno reprimiu a corrupción administrativa e multiplicou os acordos económicos con Occidente; así mesmo, excarcerou a Ben Bella en 1980. Dimitiu de todos os seus cargos en 1992.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sebaa, Annaba