bencénico -ca

bencénico -ca

(< bencen(o)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ao benceno.

  2. adx [QUÍM]

    Que contén un anel ou núcleo bencénico.

  3. hidrocarburo bencénico [QUÍM]

    Hidrocarburo estruturalmente derivado do benceno por substitución dun hidróxeno ou duns cantos por grupos hidrocarbonados. O hidrocarburo bencénico denomínase sistematicamente como un derivado alquilo, alquenilo, alquinilo ou arilobenceno. A posición dos grupos substituíntes indícase con cifras, e se os substituíntes son só dous, cos prefixos o- (orto-), m- (meta-) e p- (para-) en lugar de 1,2-, 1,3- e 1,4-, respectivamente.