bencensulfónico, ácido
bencensulfónico, ácido
Nome científico:
[C<sub> 6</sub> H<sub> 5</sub> SO<sub> 3</sub> H]
[QUÍM]
Ácido forte, moi soluble en auga e en alcohol, descuberto en 1834 por Eilhard Mitscherlich. Obtense por sulfonación do benceno con ácido sulfúrico. Emprégase como intermediario na síntese de fenol, de resorcinol e doutros compostos orgánicos.