bencidina

bencidina
  1. s f [QUÍM]

    Composto básico, que se presenta en forma de pos brancos ou lixeiramente avermellados. Obtense a partir do hidrazobenceno. Emprégase na fabricación de colorantes azoicos e na análise química cualitativa. É tóxica.

  2. proba da bencidina [MED]

    Proba utilizada para comprobar a presenza de sangue oculto nas feces.