bencensulfónico, ácido

bencensulfónico, ácido
Nome científico: [C<sub> 6</sub> H<sub> 5</sub> SO<sub> 3</sub> H]
[QUÍM]

Ácido forte, moi soluble en auga e en alcohol, descuberto en 1834 por Eilhard Mitscherlich. Obtense por sulfonación do benceno con ácido sulfúrico. Emprégase como intermediario na síntese de fenol, de resorcinol e doutros compostos orgánicos.

Palabras veciñas

bencénico -ca | benceno | bencenoide | bencensulfónico, ácido | benchmark | bencho | bencidina