Bendaña, marquesado de
Bendaña, marquesado de
Título concedido polo Rei Carlos II, no Real Despacho do 27 de outubro de 1692, a Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Ribadeneira, correxidor de Salamanca, cabaleiro de Santiago e señor de Parderrubias e da casa de Bendaña. Ao falecer este sen sucesión, o título pasou ao seu sobriño, Juan Benito Piñeiro e Ulloa, cabaleiro de Santiago e colexial maior de Cuenca. Esta caste leva como armas as dos Ulloa: escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles, cargadas cada unha destas con cadansúas tres (ou dúas) faixas de prata.