bendición

bendición

(

  1. s f

    Acción de bendicir.

    Sinónimos: beizón.
  2. s f
    1. [RELIX]

      Acción, fórmula ou palabras rituais que teñen como finalidade consagrar persoas ou obxectos ao servizo de Deus ou ben rogar a Deus beneficios espirituais ou temporais. Na liturxia católica distínguense as bendicións constitutivas, que conceden ás persoas, aos obxectos e aos lugares un carácter sagrado, e as invocativas, que piden a protección divina para unha persoa ou unha cousa. De acordo coas prescricións do concilio Vaticano II (1965), en 1984 foi promulgado o ritual reformado das bendicións, que procurou eliminar todo residuo de maxia na práctica deste tipo de pregaria.

      Ex: O Papa bendiciu a todos os que se achegaron a el. Antes de subir ao avión a súa nai deulle a bendición.

      Sinónimos: beizón.
    2. Sinal da cruz que se fai para bendicir algo ou alguén.

      Ex: Tradicionalmente a panadeira faille a bendición á masa do pan.

      Sinónimos: beizón.
  3. s f

    Situación, acontecemento, persoa, etc que indica benestar, prosperidade ou que indica cousa boa ou propicia.

    Ex: Esta chuvia foi unha bendición para a colleita.

    Sinónimos: beizón. Antónimos: maldición.
  4. bendición apostólica [RELIX]

    Bendición que concede o Papa ou que calquera sacerdote pode outorgar ao cristián en perigo de morte.

  5. bendición co Santísimo [RELIX]

    Bendición dada polo sacerdote á poboación coa custodia, despois da exposición do santísimo sacramento.

  6. bendición da cinza [RELIX]

    Bendición que o sacerdote fai o mércores de cinza, antes de impoñela aos fieis como símbolo de penitencia.

  7. bendición de ramos [RELIX]

    Bendición que fai o sacerdote o domingo de ramos, como rito preparatorio da procesión.

  8. bendición nupcial [RELIX]

    Bendición que reciben os esposos antes do casamento. OBS: Xeralmente se utiliza en plural, bendicións nupciais, ou, simplemente, bendicións.

  9. bendición “urbi et orbi” [RELIX]

    Bendición dada polo Papa, o bispo ou outros prelados sobre todo despois da misa das grandes festividades. Este acto consiste en facer tres veces o sinal da cruz cando se nomean as tres persoas da Trindade.

  10. Bendición solemne que en determinadas datas (elección e coroación do Papa, festas de Pascua, etc) o Papa imparte na cidade de Roma para todo o mundo.

Palabras veciñas

Bender | Bendía | bendicido -da | bendición | bendicir | Bendillo | Bendis