bendicir

bendicir

(< lat benedicĕre)

Nome científico: [dp: bendicido, bendito]
  1. v t [RELIX]

    Conceder Deus protección, prosperidade ou bens a alguén ou algo.

    Ex: Deus bendiciuno con numerosos fillos e bens.

    Sinónimos: beicer.
  2. v t [RELIX]

    Invocar a protección de Deus sobre alguén ou algunha cousa, en especial cando o fai o sacerdote con palabras e cerimonias rituais.

    Ex: O sacerdote bendiciu os novos esposos. O pai bendice a mesa antes de comezar a comer.

    Sinónimos: beicer.
  3. v t [RELIX]

    Conferir carácter sagrado a unha persoa ou cousa mediante as preces adecuadas ou a través de quen ten autoridade para facelo.

    Ex: O cura bendiciume o coche antes de que o estrease. O sábado de Resurrección bendícese a auga.

    Sinónimos: beicer.
  4. v t

    Desexar fortuna ou felicidade a alguén ou algunha cousa invocando a intervención de Deus.

    Ex: Bendiciu o seu fillo antes de que partise para Suíza.

    Sinónimos: beicer. Antónimos: maldicir.
  5. v t

    Mostrarse satisfeito ou loar a alguén ou algunha cousa agradecendo os beneficios recibidos. OBS: Este verbo pode conxugarse segundo o modelo regular (tendencia do galego actual) ou segundo o paradigma de contradicir.

    Ex: Sempre bendiciu o día que te coñeceu.

    Sinónimos: beicer. Antónimos: maldicir.

Frases feitas

  • Deus te bendiga pola barriga. Aplícase ironicamente a quen come moito.

Palabras veciñas

Bendía | bendicido -da | bendición | bendicir | Bendillo | Bendis | bendito -ta
Conxugar
VERBO bendicir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendigo
bendís
bendí
bendicimos
bendicides
bendín
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendicía
bendicías
bendicía
bendiciamos
bendiciades
bendicían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendixen
bendixeches
bendixo
bendixemos
bendixestes
bendixeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendixera
bendixeras
bendixera
bendixeramos
bendixerades
bendixeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendirei
bendirás
bendirá
bendiremos
bendiredes
bendirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendiría
bendirías
bendiría
bendiriamos
bendiriades
bendirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendiga
bendigas
bendiga
bendigamos
bendigades
bendigan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendixese
bendixeses
bendixese
bendixesemos
bendixesedes
bendixesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendixer
bendixeres
bendixer
bendixermos
bendixerdes
bendixeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
bendí
-
-
bendicide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bendicir
bendicires
bendicir
bendicirmos
bendicirdes
bendiciren
Xerundio bendicindo
Participio bendito/bendicido
bendita/bendicida
benditos/bendicidos
benditas/bendicidas