bendito -ta
bendito -ta
(< lat benedictu)
-
p irreg
de bendicir.
-
adx
Que se lle administrou a bendición de Deus a través dun dos seus ministros
Ex: Leva algún bote á igrexa para traer auga bendita.
-
adx e s
Que ou quen é bondadoso ou que é incapaz de facer mal.
Ex: O teu fillo non chora nada, é un bendito. Sonche unhas persoas benditas que nunca deixan de facerche un favor.
-
adx e s
Que ou quen é benaventurado. OBS: Moitas veces utilízase acompañando os nomes de santos.
Ex: O bendito santo Amaro é avogoso da dor de cabeza e da reuma.
-
adx e s
Que ou quen goza de felicidade ou boa fortuna.
-
adx
Expresa agradecemento ou satisfacción por algo en ton exclamativo.
Ex: Bendito sexas por todo o que me axudaches!
-
s
m
Oración que se inicia con esta palabra.
Frases feitas
-
Como pan bendito. Expresión que indica que algunha mercadoría se vende ben.