Benegas Haddad, Jose María

Benegas Haddad, Jose María

Avogado e político, coñecido polo diminutivo de Txiki. Licenciado en Dereito polas universidades de Deusto e Valladolid, está especializado en Dereito Laboral; realizou tamén estudios de economía en Londres. En 1972 afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e á Unión General de Trabajadores (UGT). No congreso de Suresnes de 1974 foi nomeado secretario de xuventude, cargo que repetiu en 1976; en 1974 foi elixido vicepresidente da Internacional de Xuventudes Socialistas. Foi secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi (PSE) ata 1988, e actualmente o seu presidente. Membro da executiva federal do PSOE (1979-1997), foi secretario de organización (1984-1994) e secretario de relacións políticas e institucionais (1994). Foi deputado por Biskaia nas eleccións de 1977 e 1979, escano que abandonou en 1980 para encabezar as listas ao primeiro parlamento vasco. Deputado por Araba (1982), encabezou a candidatura por esta provincia en 1986. En 1989 renunciou ao seu posto no parlamento vasco e foi elixido deputado por Biskaia, posto do que foi reelixido en 1993, 1996 e 2000. Publicou El partido socialista de Euskadi (1977), Euskadi: sin la paz nada es posible (1984), El principio de la esperanza (1984), La razón socialista: carta abierta a los socialistas españoles (1990) e El socialismo de lo pequeño: grandeza y humildad de un ideal (1997).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Caracas