Bennet, Henry

Bennet, Henry

Político inglés. Durante a Guerra Civil (1642-1648), que enfrontou a Coroa co Parlamento, participou no bando realista. Exiliouse en Madrid a partir de 1657, onde foi delegado do futuro Carlos II o Enfeitizado. En 1661, de regreso a Inglaterra, foi un influínte ministro na Corte de Carlos II (1660-1685); en 1665 foi nomeado barón e en 1672 conde de Arlington. Promoveu e asinou o tratado secreto de Dover (1670) con Luís XIV de Francia, o que provocou o inicio da guerra anglo-holandesa (1672-1674).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Saxham, Suffolk

  • Deceso

    Lugar : Euston, Suffolk