Benvido/Benvida

Benvido/Benvida
[ONOM]

Antropónimo formado pola composición do adverbio ben e o participio do verbo vir; nome medieval de bo agoiro para un fillo esperado. San Benvido (s XIII) foi bispo da cidade italiana de Osimo e santa Benvida (Benvenuta Bojani) foi terciaria da orde dominicana e morreu en Cividale del Friuli, tamén en Italia (1295). A súa festividade celébrase o 22 de marzo.

Palabras veciñas

Benvexo | benvida | benvido -da | Benvido/Benvida | benvinda | benvindo -da | Benxamín