Benxamín

Benxamín
[ONOM]

Prenome masculino procedente do hebreo ben ‘fillo’ e jamin ‘dereita’; isto é ‘fillo da man dereita’, ‘fillo predilecto’ ou, máis habitualmente, ‘fillo máis novo’. É o nome dun personaxe bíblico: o fillo máis novo de Xacob, orixinariamente chamado Benonin ‘fillo da miña dor’, pois a súa nai Raquel, morrera no parto. Hai un san Benxamín (s V), diácono martirizado en Persia. A súa festa celébrase o 31 de marzo (o santo) ou o domingo anterior ao Nadal (o patriarca bíblico). Este antropónimo presenta como forma hipocorística Benxa.