Benz, Carl Friedrich
Benz, Carl Friedrich
Enxeñeiro alemán. Foi un dos creadores e propulsores do automóbil. Fundou a empresa Benz & Cie (1883), patentando o seu primeiro modelo de coche en 1886; ao saír dela (1905), constituíu a C. Benz Söhne. Construíu un motor de gas de dous tempos (1879), patentou un triciclo con motor de gasolina de dous tempos (1886), introduciu o cambio de velocidades, resolveu a xeometría da dirección e aplicou a batería ao arranque. A súa sociedade fusionouse en 1926 coa Daimler Motoren Gesellschaft.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Karlsruhe, Baden -
Deceso
Lugar : Ladenburg, Baden