Berar

Berar

Rexión da India, no estado de Mahārāshtra. É unha das principais áreas produtoras de algodón da India, que sostén unha importante industria téxtil. Estivo sucesivamente baixo o poder das dinastías do Decán e dos sultáns de Delhi. En 1490 declarouse independente e foino ata 1574, que pasou ao dominio do sultanato de Ahmadnagar. En 1853 pasou a ser un protectorado británico.