berce

berce

(< lat bertiu)

  1. s m

    Leito dos nenos pequenos construído de maneira que non poidan caer e que ao mesmo tempo sirva para arrolalos ao durmir.

    Confrontacións: barrelo.
  2. s m

    Lugar de nacemento dunha persoa ou onde ten orixe algunha cousa. Na tradición popular recóllense ditos como: “O que no berce se aprende, tarde ou nunca se esquece; O berce dá e a tumba leva”.

    Confrontacións: estirpe, liñaxe.

Frases feitas

  • Desde o berce. Desde a primeira infancia ou desde a orixe.

  • Encargar alguén o berce antes do rapaz. Comportarse de xeito ilóxico ou facer as cousas na orde incorrecta.