berce
berce
(< lat bertiu)
-
s
m
Leito dos nenos pequenos construído de maneira que non poidan caer e que ao mesmo tempo sirva para arrolalos ao durmir.
Confrontacións: barrelo. -
s
m
Lugar de nacemento dunha persoa ou onde ten orixe algunha cousa. Na tradición popular recóllense ditos como: “O que no berce se aprende, tarde ou nunca se esquece; O berce dá e a tumba leva”.
Confrontacións: estirpe, liñaxe.
Frases feitas
-
Desde o berce. Desde a primeira infancia ou desde a orixe.
-
Encargar alguén o berce antes do rapaz. Comportarse de xeito ilóxico ou facer as cousas na orde incorrecta.