Berenger, Tom
Berenger, Tom
Actor. Estudiou xornalismo. Comezou no mundo do teatro e da televisión. Foi nominado ao Oscar pola súa interpretación como sarxento Barnes en Platoon (1986). Participou tamén nos filmes: The Sentinel (A sentinela, 1977), The Dogs of War (Os cans da guerra, 1980), Born on the Fourth of July (Nacido o catro de xullo, 1989), Shattered (A noite dos cristais rotos, 1991), Sliver (Acosada, 1992), The Substitute (O substituto, 1996) e Shadow of Doubt (Sombras de sospeita, 1998).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Chicago, Illinois