Berenguel Ramón II o Fratricida

Berenguel Ramón II o Fratricida

Conde de Barcelona, Girona e Ausona (1076-1097). Fillo primoxénito de Ramón Berenguel I. Por testamento do seu pai gobernou xunto ao seu irmán Ramón Berenguel II, Cap d’Estopes. Chegaron a un acordo de goberno que foi efectivo ata o asasinato de Ramón Berenguel II, o 6 de decembro do 1082. No 1085 foi nomeado titor, por un período de once anos, do seu sobriño Ramón Berenguel III. No 1079 colonizou os chans de Urgell e repoboou Espluga de Francolí. Aliado do Rei taifa de Lleida e Tortosa, al-Mundsir, ante os ataques do Cid e do Rei da taifa de Zaragoza, al- Muta’min, foi vencido polo Cid en Almenar. Continuou apoiando a taifa de Lleida ante a conquista de València e foi novamente vencido polo Cid no 1090. Trala morte de al-Mundsir, o seu fillo Suleymán aliouse co Cid e o conde de Barcelona atacou Tortosa (1092). Renunciou ao condado en 1097 ao cumprirse o período de titoría do seu sobriño e parece ser que morreu na primeira cruzada en 1097 ou 1099.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso