Berenson, Bernhard
Berenson, Bernhard
Coleccionista e historiador da arte. En 1900 instalouse en Italia. Dedicouse ao estudo da pintura do Renacemento italiano, centrándose na valoración formal e no que el chamou valores táctiles, ilusión do espazo tridimensional, clave da renovación da pintura na etapa renacentista. Entre as súas obras sobresaen The italian painters of the Renaissance (Pintores italianos do Renacemento, 1932), Study and criticism of italian art (Estudio e crítica da arte italiana, 1910-1915), Three essays on method (Tres ensaios sobre o método, 1927), Essays in appreciation (Ensaios sobre a apreciación, 1958) e o libro autobiográfico Skecht for a self-portrait (Bosquexo para un autorretrato, 1942).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Butrymanzy, Lituania -
Deceso
Lugar : Settignano