berenxena
berenxena
(<ár bādinyāna)
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea anual, orixinaria da India, de follas grosas, talo fortemente pubescente e flores brancas ou azuis. O froito é unha baga de cor morada ou branca con pintas moradas.
-
s
f
[BOT]
Froito en baga da planta do mesmo nome, carnoso, de forma alongada ou arredondada e cores diversas, que van dende a morada á branca segundo as variedades. É comestible, de escaso valor nutritivo pero rico en fibra e minerais. Parece ser que foron os árabes os que a trouxeron a España. Considerábase un prato propio dos mouros, do que receaban os cristiáns vellos. Esta froita pode consumirse frita ou rebozada, cortada en rodas para gornición, ou cun recheo feito coa súa propia polpa e mesturada con outros ingredientes (cebola, tomate, queixo, etc).