bergamasco -ca

bergamasco -ca

(< topónimo Bérgamo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Bérgamo ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Bérgamo.

  3. s f [MÚS]

    Danza italiana, orixinaria da rexión de Bérgamo, dos ss XVI e XVII; estivo tamén en auxe no s XVIII en Francia. Como composición instrumental, foi construída a miúdo sobre un baixo obstinado. No s XIX recibiron este nome composicións de compás 6/8 e ritmo vivo, parecidas á tarantela. Claude Debussy escribiu no s XIX unha Suite bergamasque (Suite bergamasca, 1890) e Alfredo Piatti tamén compuxo algunhas.

  4. [GAN]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á raza bergamasca.

    2. raza bergamasca

      Raza ovina de orixe italiana, de triple aptitude (leite, la e carne), mellorada a partir da raza leiteira Wilstermarch. Ten a cabeza de perfil convexilíneo, as extremidades longas e a constitución ósea forte.

  5. s m [ZOOL]

    Can pastor, de pelo longo, orixinario do norte de Italia.