bergantín
(< it brigantino, a través dofr brigantin ou do cat bergantí)
-
s
m
[MAR]
Embarcación de dous paos e velas cuadrangulares ou redondas. En Galicia, os bergantíns empregábanse para o transporte de mercadorías. A súa presenza era común naqueles portos que se dedicaban á exportación da súa produción industrial pesqueira. Cargaban as súas adegas cos produtos das fábricas de salgadura e conservas, transportando e exportando grandes cantidades de peixe en conserva cara a Levante, Andalucía, a zona do Cantábrico e mesmo Portugal.
-
s
m
[MAR/BÉL]
Tipo de buque de guerra que, na primeira metade do s XIX, deu paso á construción das fragatas de hélice. No 1793 construíuse en Ferrol un buque destas características, bautizado co nome de Cuervo, que contaba con 14 canóns.
-
bergantín goleta
[MAR]
Navío de vela, que arboraba, ademais do bauprés, dous ou máis paos, dos que o trinquete era de tres pezas, cruzado e con gabia, e o outro ou os outros eran de dúas pezas, sen cruzar e cunha botavara e un pico en cada un deles izábanse unha áurica e unha escandalosa. Apareceu no s XVIII na mariña de guerra e na mercante, como unha evolución do bergantín, e subsistiu mentres perdurou a navegación de vela.
-
bergantín polacra
[MAR]
Navío de vela co casco de bergantín redondo e con aparello de polacra no pau maior (de dúas pezas) e aparello de bergantín no trinquete (de tres pezas).