beribrace
beribrace
-
adx
Relativo ou pertencente aos beribraces.
-
s
Individuo do pobo beribrace.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo prerromano establecido nas paraxes montañosas do noroeste da Comunitat Valenciana, cara aos ss VI-V a C. Segundo a Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, única fonte que o menciona, baseaban a súa actividade económica na gandería.