berimbao
berimbao
(
s
m
[MÚS]
Instrumento construído en metal, tamén chamado trompa ou arpa de boca. Consta dun corpo en forma de pera ou de ferradura, cunha lingüeta de ferro ou aceiro no medio, fixada só por un extremo. O instrumento colócase entre os dentes suxeitándoo cunha man, mentres a outra fai vibrar a lingüeta. A caixa de resonancia é a propia boca do músico. Está a se recuperar o seu uso, que ata hai poucos anos estaba reducido case exclusivamente á zona da Fonsagrada.