Berlage, Hendrik Petrus
Berlage, Hendrik Petrus
Arquitecto. Adaíl da escola holandesa que se rebelou contra o eclecticismo do s XIX e a través de quen pasou a Europa a influencia da escola americana. Baseou a arquitectura na construción e na aplicación de materiais feitos por mesteirais. Atraído polas construcións románicas, usou as grandes paredes continuas e os arcos de medio punto. Durante a súa estancia en América recibiu unha grande influencia de Henry Hobson Richardson. Entre as súas obras destaca a Bolsa de Amsterdam (1897-1903), a casa de Holanda en Londres (1914) e o museo municipal da Haia (1919-1934).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Amsterdam -
Deceso
Lugar : A Haia