Berlinguer, Enrico
Político italiano. Fillo de Mario Berlinguer, avogado socialista e militante antifascista. En 1943 afiliouse ao Partido Comunista Italiano (PCI), do que foi membro do comité central (1945), secretario xeral das mocidades comunistas (1949-1956), responsable da sección central de organización (1958), secretario xeral adxunto do partido (1968-1972) e secretario xeral dende 1972. Foi deputado na cámara italiana desde 1968 e, a partir de 1979, tamén no Parlamento Europeo. Foi un impulsor destacado do eurocomunismo, un modelo comunista non soviético que non reclamaba a revolución violenta, senón a través dos votos, propugnou o que se chamou “compromiso histórico” (un goberno de coalición democratacristián, comunista e socialista) e favoreceu co seu pragmatismo o arraigamento social do seu partido. Entre os seus escritos políticos cómpre salientar os seguintes: L’unitá del movimento operario (A unidade do movemento obreiro, 1968), La questione comunista (A cuestión comunista, 1969) e Austeritá: occasione per transformare Italia (Austeridad: unha ocasión para transformar Italia, 1978).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sassari, Sardeña -
Deceso
Lugar : Padua