Berlioz, Louis-Héctor

Berlioz, Louis-Héctor

Compositor francés. Na súa xuventude comezou os estudios de Medicina, pero pronto deixou a universidade polo conservatorio. En 1830 gañou o Premio de Roma e escribiu a cantata Sardanapale, composición inacabada e non publicada, e Symphonie fantastique: épisode de la vie d’un artiste (Sinfonía fantástica: episodio da vida dun artista). Logo dunha estadía en Italia, colaborou como crítico musical en Le Journal des Débats. Entre a súa produción destacan ademais a sinfonía dramática Roméo et Juliette (Romeo e Xulieta, 1839); as oberturas Le Roi Léar (O Rei Lear, 1831) e Le carnaval romain (O carnaval romano, 1844), e a ópera Les Troyens (Os Troianos, 1856-1859). Considerado como o único músico propiamente romántico de Francia e como o creador da instrumentación moderna, influíu decisivamente na música do s XIX en compositores como Richard Strauss, Smetana ou Lisz, e sobre xeracións posteriores, especialmente sobre os músicos rusos do Grupo dos Cinco, coa súa obra Grand traité de l’instrumentation et d’orchestration modernes (Gran tratado da instrumentación e orquestración modernas, 1844).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : La Côte

  • Deceso

    Lugar : André, Isère

  • Deceso

    Lugar : París