Bermúdez Jambrina, Bernardo
Escritor e actor. Coñecido nos ambientes artísticos como Jambrina, escribiu diversas composicións poéticas, unhas aparecidas na Revista Gallega e outras reseñadas por Uxío Carré Aldao e Antonio Couceiro Freijomil. Non obstante , a súa principal achega á normalización cultural, que se iniciou a principios de século, terá lugar no eido das artes escénicas, pois foi un dos máis importantes animadores da Escuela Regional de Declamación, participando nos espectáculos Filla...! (1903), A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). En 1905 a Revista Gallega informaba dos problemas internos da compañía e anunciaba a marcha a Madrid de Bernardo, contratado pola Compañía de Borrás, habitual na programación do Teatro Principal da Coruña. Xunto con Eduardo Sánchez Miño, con quen coincidiría na Escuela Regional de Declamación, sería un dos primeiros actores con vocación e proxección profesional en Galicia. Entre a súa produción literaria destacan os poemas “Nouturno” e “Renacimento” e o libro Repaso mis versos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Jambrina, Euskal Herria -
Deceso
Lugar : Avilés