Bernal, John Desmond

Bernal, John Desmond

Físico e historiador da ciencia. Foi catedrático de Física e Cristalografía no Birkbeck College, na Universidade de Londres. Destaca pola súa contribución ao estudo da estrutura dos líquidos. É autor de obras de ampla difusión onde, desde unha posición marxista, estudia a historia e a problemática do desenvolvemento científico na súa relación coa realidade social. Publicou: The social function of Science (A función social da ciencia, 1939), Marx and Science (Marx e a ciencia, 1952), Science in History (A ciencia na historia, 1958) e World without War (O mundo sen guerra, 1958). Foi Premio Lenin da Paz no ano 1953.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : An Aonach, Tiobraid Arann, Irlanda

  • Deceso

    Lugar : Londres