Bernal López, Diego
Xornalista. Licenciado en Xornalismo pola Universidad de Madrid. Formou parte da redacción da revista Quintana e fundou Escritos. Colaborou en Céltiga e en Caderno de Estudos Galaico-Portugueses de Porto. Exerceu como correspondente da revista Ágora de Estudios Sociais da Universidade de Madrid, e participou na emisión de Rúa Galicia, en Radio Galicia da Cadea SER. Entre 1962 e 1966 dirixiu o programa “La actualidad en la Antena” e foi correspondente dos xornais El Ideal Gallego e Diario de Pontevedra, amais de colaborar noutros xornais españois e portugueses. En El Correo Gallego escribiu a sección “La Cultura es noticia”. En febreiro de 1968 ingresou na Axencia EFE, da que foi delegado xeral en Asturias e Galicia. Foi tamén enviado especial da devandita axencia por todo o mundo. En 1967 foi nomeado delegado de Faro de Vigo en Santiago e colaborou no programa “24 horas” de TVE. É colaborador habitual da RTVG e doutros medios de comunicación. Foi secretario da Asociación da Prensa de Santiago, cofundador e vicepresidente do Instituto Galego de Estudos de Comunicación (IECO) e secretario xeral da Asociación de Periodistas de Galicia. En 1969 foi galardoado co primeiro premio xornalístico de Aspas de Galicia. En 1984 entregáronlle a mención de honra da Academia Asturiana das Lletres, en 1997 o Premio Galicia de Comunicación e en 1998 o primeiro premio da XIX edición do Premio Nacional de Periodismo Julio Camba. Publicou, amais de artigos, guións televisivos e traballos de investigación, os libros: Historias de Compostela (1993), Compostela sentimental: Del referéndum de Franco al retorno de Castelao (1995) e Soutomaior (1999).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela