Bernaldo II de Compostela

Bernaldo II de Compostela

Teólogo e canonista, chamado hispano, gallego ou brigantius. Capelán de Alexandre IV, foi cóengo e arcediago de Santiago de Compostela, posteriormente marchou a Roma ao non ser aceptado como sucesor do arcebispo Xoán Arias e foi auditor de Clemente IV e cóengo na Universidade de Boloña, onde se pensa que morreu. Atribúenselle as seguintes obras: Apparatus in quinque libros Decretalium, a chamada Margarita Compostellana que se identifica co Breviarium juris canonici, Lectura aurea super primum librum Decretalium, Casus super Decretales libris V, Apparatus in Decretales, Summa questioum ex Decretalibus, Notabilia novae compilationis Decratalium Gregorii IX et in deffinitionibus reubricarum a Godofredo compositis e Appostillae in Codicem et Digestum.